jueves, 17 de octubre de 2013

A desobediencia, o éxito islandés

Dezasete de outubro de 2013

Xusto na porta de entrada do Alþingi, o Parlamento islandés, exhíbese unha rocha negra pulida, cun leteririño que sinala que se trata dun monumento á desobediencia civil. Na miña pescuda polas claves que se agochan detrás do feito de que Islandia teña a meirande taxa de ocupación dos países da OCDE cinco anos despois do colapso bancario; cinco anos despois de converterse no primeiro país en caer por causa da especulación dos activos bancarios tóxicos. Cinco anos despois de protestas cidadáns que se deron en chamar a revolución islandesa, pero que o poeta de Cangas do Morrazo Elías Portela, residente den Reikiavik desde hai unha ducia de anos, deixa e modestas caceroladas.

Esta introdución vén dada porque o buscador de Google levoume a unha información de Kaos en la Red do 19 de outubro de 2012, de hai practicamente un ano: 

Tras desobedecer a Bruselas y el FMI, Islandia logra reducir su tasa de paro del 12 por ciento al 5 por ciento en dos años 

Pois si que é un éxito, penso. Aínda que sexan poucos os islandeses. Tamén sería un éxito que o desemprego baixase na provincia de Lugo en sete puntos porcentuais en dous anos. Estes son os datos que achega Kaos en la Red:

Con una población activa de 180.700 personas, solo 9.000 islandeses en edad de trabajar están desempleados. El resto, 171.700, tienen empleo. En términos desestacionalizados, la cifra de parados aumenta hasta los 10.900 y la tasa se eleva al 6%, lo que también supone un descenso con respecto al 6,4% de agosto.

Semella unha situación idílica; envexable. O daquela ministro de Asuntos Exteriores de Islandia, socialdemócrata (porque Islandia vén de mudar de Goberno esta primavera, pero iso queda para vindeiras entradas), ofrecía a súa versión dos feitos: a austeridade non é a solución.

"En la recesión en Europa, nosotros fuimos el primer país en caer, pero también hemos sido la primera nación en salir. Si hay que sacar alguna lección de la recuperación islandesa, es que la austeridad, por sí sola, no funciona", aseguraba recientemente el ministro de Asuntos Exteriores y Comercio Exterior islandés, Össur Skarpheoinsson.
O receitario islandés contra a crise que se explica na información vén ser o xa coñecido, pero non por iso deixa de merecer un resumo rápido:
En 2008, todo el sistema financiero de Islandia quebró, a lo que siguió una grave crisis crediticia, la decisión de nacionalizar a los tres principales bancos, el Kaupthing, Landsbanki y Glitnir. Tras recibir el dinero del FMI, 2,100 millones de dólares, el gobierno islandés optó por avalar los depósitos de los islandeses y reestructurar toda la deuda extranjera. Además de los fuertes recortes impuestos por la autoridad internacional, el país nórdico devaluó su moneda, lo que ayudó a mitigar los efectos de la crisis impulsando las exportaciones.
Non só Kaos en la Red se fai eco desta información relativa á boa marcha da economía islandesa, senón que un medio de carácter ben distinto, como é Eleconomista.es, recolle a noticia de axencias: Só 9.000 persoas en idade de traballar están desempregadas en Islandia. Neste caso, iso si, non se lle engade ao titular que foi así "tras desobedecer a Bruselas y al Fondo Monetario Internacional".

Ambas as dúas informacións rematan cunha cita do ministro de Exteriores de Islandia:
"A día de hoy, tenemos una de las tasas de desempleo más bajas en Europa y un sólido crecimiento económico. El modelo islandés funciona".

E se é que o modelo islandés funciona e que a coalición de Goberno socialdemócrata-ecoloxista que estaba a xestionar a crise semellaba que estaba a acadar resultados, como foi que esta primavera os islandeses lles deron as costas e votaron ao centrodereita?


 


miércoles, 16 de octubre de 2013

As recomendacións da OCDE (un inciso)

Dezaseis de outubro de 2013,

Mergúllome nos buscadores de internet na busca de informes anteriores da OCDE sobre o emprego e dou cun de xuño de este mesmo ano, reportado polos webs dos xornais El Mundo e Eldiario.es. Non hai unha sola palabra sobre Islandia, pero si recomendacións sobre España que me parecen interesantes no caso que nos ocupa (e tendo en conta que non existe comparación algunha entre a crise dun país que ten a poboación da provincia de Lugo e a dun dos estados máis poboados da Unión Europea).

"La OCDE prevé que el paro suba en España hasta el 28% a finales de 2014".

Os titulares de ambos os dous medios son practicamente iguais.

El Mundo achega, como comparación, as previsións que outros organismos teñen feito sobre as taxas de desemprego en España para o ano vindeiro (copio e pego textualmente):


En sus previsiones de abril, el Fondo Monetario Internacional (FMI) previó una reducción del desempleo para 2014, del 27% de este año al 26,5% el próximo. Sin embargo, su revisión de los pronósticos de julio redujo las perspectivas de crecimiento de España del 0,7% a cero en 2014, lo que podría tener un importante efecto sobre el empleo que no cuantificó.
Por su parte, la Comisión Europea calculó en mayo que la tasa de paro será del 27% este año y del 26,4% en 2014. Como comparación, el Gobierno calcula unas tasas de desempleo del 27,1% y 26,7%, respectivamente.
Según la OCDE, España y Grecia continuarán triplicando con creces el nivel medio del desempleo en los países de la organización, que según un informe pasará del 8% actual al 7,8% al terminar el año próximo.
 Ata aquí os datos, a obxectividade. Continúa a información de El Mundo facendo referencia á importancia de que España avance na aplicación das reformas "que favorecen a flexibilidade do mercado laboral", na linguaxe eufemística á que nos teñen afeitos cando se fala de recortes e de mingua de dereitos. Copio e pego, de novo:

La organización, que consideró "alarmante" el 55% del paro juvenil en España, estimó que la reforma laboral del pasado año ha acercado su normativa "a la legislación laboral vigente en la mayoría de los países europeos", en particular al suprimir la necesidad de una autorización administrativa para el despido colectivo.
Los autores del informe también hicieron notar que esa reforma laboral "ha reducido de forma significativa la rigidez de la legislación laboral, al alinearla al promedio de la OCDE con respecto a la protección de los trabajadores con contrato indefinido contra un despido individual y colectivo".
Y sobre sus efectos, aventuraron que como otras que se han hecho en Grecia, Portugal, Eslovaquia, Estonia, Italia y Eslovenia, "debería aumentar la productividad laboral y la creación de empleo cuando se recupere el crecimiento económico", en un horizonte sin determinar.
"Si estas reformas se aplican plenamente, pueden favorecer un mercado de trabajo más incluyente y un mejor reparto de los recursos con una mejora de la productividad", concluyeron.
Descoñezo por que motivo (non cumpriría falar da falta de espazo na edición dixital dun xornal) El Mundo non inclúe, como si fai Eldiario.es, a recomendación da OCDE a España de incrementar as medidas de protección social nunha situación de desemprego coma a actual:
"Los gobiernos deberían afrontar esta crisis de empleo mediante una combinación de políticas macroeconómicas y reformas estructurales para fortalecer el crecimiento y animar la creación de empleo", dice la OCDE, que alaba las reformas emprendidas por algunos países, como España. Eso sí, aconseja mejorar las prestaciones y subsidios para apoyar a las familias, "especialmente allí donde el paro de larga duración es muy alto". La organización pide también fomentar las políticas activas de empleo y aumentar los recursos que se destinan a ellas.
E logo de lidas estas informacións, unha nova pregunta: 
Como é que seguen a recomendarlles aos países máis vapuleados pola crise seguir as directrices do Fondo Monetario Internacional, do Banco Mundial e do Banco Central Europeo? Non era que Islandia, que practicou a insubmisión ao Fondo Monetario Internacional, ten agora a mellor taxa de ocupación laboral de todo o mundo desenvolvido?

Sei que a pregunta pode semellar maniquea e mesmo tramposa, pero sérveme para seguir a deconstruír os porqués do éxito? islandés.

As fontes: o teletipo de Europa Press

Dezaseis de outubro de 2013,

Procuro a sinatura na información de 20minutos.com sobre as taxas de ocupación nos estados miembros da OCDE. Quen acredita o texto? Emprégase as siglas EP, que remiten á axencia de información española Europa Press. Non se trata dunha noticia de elaboración propia, logo, se non dunha á que se accede a través dos servicios de teletipo aos que estean suscritos os distintos medios de comunicación. 

Dou coa noticia enviada orixinalmente por Europa Press, por comprobar se na redacción de 20minutos.com foi obxecto dalgún tipo de edición. Nomeadamente, quero saber se a información primeira era máis completa e contaba con algún tipo de información a maiores. Non tiven sorte: a información de Europa Press é exactamente a mesma cá que publica o diario dixital. 

Siga a buscar.

Xa teño noticia: Islandia ten a taxa de ocupación máis elevada da OCDE



Dezaseis de outubro de 2013,

No repaso da prensa dixital, un titular, na web de 20minutos.com, que non chama demasiado a atención (polo habitual):

Segue a lectura, con parada no terceiro subtítulo:


“Islandia, Suiza y Noruega registraron las tasas de ocupación más altas del grupo”.

Que Suíza e Noruega estean destacados sobre o pelotón dos torpes non é moi rechamante, pero Islandia? Ben é certo que un país tan pouco poboado e tan homoxéneo coma a illa do Atlántico Norte non chegou a ter as cifras de desemprego de España ou da Europa meridional nin sequera nos momentos máis crus da crise das hipotecas basura, pero tanto prosperou en tan –relativamente— pouco tempo?

Avanzo máis aló do corpo de encabezamento na información; é algo que non adoito facer cando realizo unha primeira aproximación ás novas do día: cuestión de tempo.

“Al cierre del segundo trimestre, Islandia (80,8%), Suiza (79,4%) y Noruega (75,3%) registraron las tasas de ocupación más altas entre los países de la OCDE”.

O texto remata cun parágrafo final dedicado aos PIGS da Unión Europea, intervidos de facto –ou case— polos señores e señoras da troika:


“Los países donde más ha caído el nivel de ocupación estos años han sido Grecia, donde ha bajado del 62% al 49,2%; del 64,9% al 54,3%; Irlanda, del 68,3% al 59,9%, y Portugal, del 68,5% al 68%”.
Como nordicófila e islandófila, son consciente de que veño de dar coa noticia que quero deconstruír para a materia de 'O imaxinario colectivo do mundo global: retos da sociedade actual' que estou a cursar no mestrado de Servizos Culturais da Universidade de Santiago.

Que pasou/pasa en Islandia para que cinco anos logo da crise das hipotecas basura poida amosar a taxa de ocupación máis elevada de entre todos os países da Organización para la Cooperación y el Desarrollo Económico (OCDE)?

Procurarei debullalo en vindeiras entregas.