miércoles, 16 de octubre de 2013

Xa teño noticia: Islandia ten a taxa de ocupación máis elevada da OCDE



Dezaseis de outubro de 2013,

No repaso da prensa dixital, un titular, na web de 20minutos.com, que non chama demasiado a atención (polo habitual):

Segue a lectura, con parada no terceiro subtítulo:


“Islandia, Suiza y Noruega registraron las tasas de ocupación más altas del grupo”.

Que Suíza e Noruega estean destacados sobre o pelotón dos torpes non é moi rechamante, pero Islandia? Ben é certo que un país tan pouco poboado e tan homoxéneo coma a illa do Atlántico Norte non chegou a ter as cifras de desemprego de España ou da Europa meridional nin sequera nos momentos máis crus da crise das hipotecas basura, pero tanto prosperou en tan –relativamente— pouco tempo?

Avanzo máis aló do corpo de encabezamento na información; é algo que non adoito facer cando realizo unha primeira aproximación ás novas do día: cuestión de tempo.

“Al cierre del segundo trimestre, Islandia (80,8%), Suiza (79,4%) y Noruega (75,3%) registraron las tasas de ocupación más altas entre los países de la OCDE”.

O texto remata cun parágrafo final dedicado aos PIGS da Unión Europea, intervidos de facto –ou case— polos señores e señoras da troika:


“Los países donde más ha caído el nivel de ocupación estos años han sido Grecia, donde ha bajado del 62% al 49,2%; del 64,9% al 54,3%; Irlanda, del 68,3% al 59,9%, y Portugal, del 68,5% al 68%”.
Como nordicófila e islandófila, son consciente de que veño de dar coa noticia que quero deconstruír para a materia de 'O imaxinario colectivo do mundo global: retos da sociedade actual' que estou a cursar no mestrado de Servizos Culturais da Universidade de Santiago.

Que pasou/pasa en Islandia para que cinco anos logo da crise das hipotecas basura poida amosar a taxa de ocupación máis elevada de entre todos os países da Organización para la Cooperación y el Desarrollo Económico (OCDE)?

Procurarei debullalo en vindeiras entregas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario