jueves, 7 de noviembre de 2013

Inmigrante, menor de idade e prostituída

A noticia pendurouna Sonia o 17 de outubro no grupo de Facebook da materia de Integración Lingüística para Inmigrantes e a súa protagonista é unha nena rumana de 15 anos: muller, menor de idade e prostituída.

Informa El Correo Gallego de Santiago de que a Policía vén de liberar unha adolescente romanesa que era obrigada a prostituírse en varios clubs de alterne da contorna de Compostela. 

O relato de acontecementos é estarrecedor:
La menor fue prostituida en Valladolid tras abandonar Rumanía, su país de origen. Le habían prometido un trabajo como cuidadora de niños. En la ciudad castellanoleonesa contactó con varias personas oriundas de su mismo pueblo natal en Rumanía que vivían en Santiago de Compostela, quienes le ayudarían a escapar de la situación en la que se encontraba.
A moza, pouco máis ca unha nena, logrou fuxir nun descoido dos porteiros do bordel vallisoletano e chegou a Santiago, onde os seus compatriotas entregárona novamente á explotación sexual, aos abusos, ás vexacións e ás agresións.

E así, a rapaza foi localizada pola Policía Nacional cando intentaba escapar dunha agresión que lle propinara o responsable do clan que a tiña secuestrada e prostituída.

A identificación desta vítima da trata de persoas, especialmente vulnerable por tratarse dunha menor de idade, permitíu o desartellamento dunha mafia de proxenetas que funcionaba entre Valladolid e Santiago de Compostela.

A lectura detenme nun parágrafo, no que se fai referencia aos distintos efectos dos que se incautou a Policía Nacional cando fixo o rexistro nos bordeis e nos domicilios das dez persoas que foron detidas no marco desta operación policial:
Los investigadores también han practicado registros y un control para la detección de víctimas en dos domicilios y los dos clubes de alterne, en los que se han incautado de diversa documentación falsificada, una defensa extensible, documentos relativos a la compra-venta de la menor, la documentación original de la víctima, documentos de viaje incriminatorios, sustancias estupefacientes y un vehículo en el que la menor era trasladada.

Documentos relativos á compra-venda dunha nena de 15 anos!!!??? Aquí, en Santiago, crisol e camiño da construción europea moitos séculos antes de que alguén se preguntase se facía falta construír Europa? 

Non se chama isto escravitude?


No hay comentarios:

Publicar un comentario