Mostrando entradas con la etiqueta escravitude. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta escravitude. Mostrar todas las entradas

sábado, 9 de noviembre de 2013

Que pasa con Moldavia? (I)





 Non é sinxelo atopar información sobre Moldavia. Os datos van aparecendo, aos poucos, logo de consultar moitas novas xornalísticas, informes de organizacións das que descoñecía a súa existencia e bitácoras de viaxes realizadas por cronistas independentes ou freelance.

Ata o de agora, eu tiña por certo que Moldavia é un estado nado na descomposición soviética en 1991 e que participa no Festival de Eurovisión. A canción de 2011 gustárame moito, se se me permite a frivolidade.

Unha das referencias máis recentes que atopei relativas a Moldavia ten que ver cun recente informe sobre a escravitude moderna, dado a coñecer pola fundación Walk Free, unha entidade creada por un magnate australiano e que conta coas xenerosas aportacións de Bill Gates (Microsoft) ou Richard Branson (Virgin). 

(Perdón pola desconfianza no binomio magnate/escravitude).

Unha reportaxe (moi interesante, pero non podo dispersarme) sobre os 'restaveks', os nenos escravos de Haití, incorpora unha listaxe na que Moldavia --aquí, en Europa-- aparece como o sexto país do mundo cunha meirande prevalencia da escravitude moderna.

Os cinco primeiros son, por esta orde, Mauritania, Haití, Paquistán, India e Nepal.

Moldavia ten pouco máis de catro millóns de habitantes e 32.000 moldavos son escravizados en diferentes países de todo o mundo, como irei comprobando pouco a pouco, a meirande parte destes escravos do século XXI son mulleres e nenas forzadas a exercer a prostitución en Europa Occidental, si, pero tamén en Kosovo, en Albania, no Líbano e ata en Israel. Especialmente significativo é o feito de que o 60% das mulleres vítimas de trata en Turquía son moldavas ou ucraínas. Teñen entre 16 e 24 anos e, moitas delas, un ou varios fillos. 

Unha crónica xornalística do arxentino Martín Caparrós, asinada en 2011, indica --descoñezo as fontes--- que arredor de 40.000 mulleres foron traficadas desde Moldavia nunha década con fins de explotación sexual:
En los últimos años, el tráfico de mujeres en Moldavia se convirtió en un problema nacional que muchos tratan de ignorar. El tráfico aumentó mucho tras el fin de las guerras balcánicas: los guerreros pacificados y los cuerpos de paz se aburrían, y los burdeles necesitaban más y más cuerpos. La mayoría de las mujeres traficadas viene de familias muy pobres, deshechas, violentas. Pero las que se van son, al mismo tiempo, las más activas, las que no quieren resignarse a su situación y buscan mejorarla. No hay cifras globales, pero extrapolando ciertos estudios parciales se puede calcular que desde el 2000 hubo unas 40.000 mujeres traficadas en Moldavia: el 5 por ciento de todas las mujeres entre 15 y 39 años.
O relato que Martín Caparrós elabora da historia de Natalia, unha rapaza maltratada desde a infancia e vendida polo seu home a un proxeneta cando tiña 19 anos pon os pelos como escarpias.

Sobre os porqués dunha situación tan dramática, teño atopado cousas tan pintorescas como un artigo titulado: ¿Por qué las mujeres de Moldavia se convierten en prostitutas?

Un sacerdote de nome Vasile Filat asegura que o motivo vén dado pola falta de coñecemento de Deus e que, antes do comunismo, a xente acostumaba a ir á Igrexa os domingos.

A verdade, non me serve como argumento.

Outra bitácora persoal escrita este mesmo ano polo xornalista español José Miguel Fernández-Layos e publicada no portal arxentino Elpuercoespin.com/ar recolle que Moldavia é o país máis pobre de Europa. E tamén o máis rural.  

Paréceme que estamos a entrar en materia.




jueves, 7 de noviembre de 2013

Quere volver á casa

Tiveron que pasar 18 días desde o desencadeante da operación Perla para que eu dea cunha información que conte onde, con quen e como??? está a adolescente "liberada" da trata de persoas o pasado mes de outubro da Escravitude.

Trátase dunha reportaxe de El Correo Gallego, que conta que a rapaza está ingresada nun centro de menores dunha cidade española que non se precisa, para protexer a súa seguridade. Quere volver á casa, xunta súa nai. Xa intentou fugarse do centro, onde terá que permanecer á espera do que ditamine un xuíz, dúas veces.

Qué tipo de centro de menores acolle a esta adolescente vítima de maltrato? Trátase dunha institución para menores tutelados ou para rapaces e rapazas que están a cumprir algún tipo de condea e que non poden ingresar no cárcere porque non teñen 18 anos?

A información engade que as policías española e romanesa recoméndanlle a esta moza que permaneza no centro, en territorio español, porque é seguro que as mafias que a trouxeron enganada e que a explotaron sexualmente en Valladolid e en Padrón xa decidiron vinganrse das súas denuncias.

E outra pregunta: Está alguén a protexer á nai e á familia da nena desas mafias?

Os paquetes informativos complementarios que acompañan o texto principal achegan algo que se asemella ao que puidese ser o relato en primeira persoa que a adolescente lle contou á Policía cando foi localizada:
La muchacha se dejó engatusar por las promesas de un trabajo fácil en España y, como su madre estaba recién divorciada y sin un empleo fijo, la propuesta era tentadora: serían los tres meses de vacaciones como au-pair cuidando niños en España. Recibiría a cambio sobre 600 euros y no tendría que abonar el alojamiento. Es decir, un dinero que podría ahorrar casi en su integridad. Otros datos jugaban a su favor y le ayudaron a tomar la decisión: su primer trabajo sería cuidar los niños de una familia rumana que vivía en Valladolid y su hermana ya había emigrado y vivía bien fuera de Rumanía.
Agora quere volver á súa casa, á rexión noroeste de Romanía, na fronteira con Moldavia.

É a terceira vez que me sae Moldavia no que vai de pescuda. Que pasa con Moldavia? Non é esa fronteira entre Romanía e Moldavia a que a Unión Europea quere preservar a toda costa?

Non é unha anécdota


Unha información asinada por Silvia. R. Pontevedra nas páxinas de Galicia de El País, co título "Los clientes piden carne fresca", vén constatar que o caso da rapaza rumana escravizada sexualmente en Padrón dista de ser illado:
Hace poco más de un año, otra menor rumana fue rescatada de un piso de Vigo en el que una mafia de su país la mantenía retenida como esclava sexual. El anterior caso que trascendió sucedió en A Coruña. El pasado marzo, durante la presentación del Plan de Igualdade de la Xunta para el periodo 1013-2015, la secretaria general, Susana López Abella, anunció en Vigo el propósito de promocionar un equipo especializado en la “atención de menores víctimas de trata, fundamentalmente con fines de explotación sexual”.
A información achega datos e fontes sobre o funcionamento da prostitución en Galicia, a socioloxía dos clientes (ata alumnos de ESO) e como se equipara a compra de sexo nun bordel á compra de comida rápida nun McDonalds ao ás máquinas tragaperras.

No caso que nos ocupa, nunha investigación que relaciona escravitude sexual e prostitución, resulta relevante que máis do 90% das mulleres prostituídas en Galicia sexan de nacionalidade estranxeira:
Galicia es sitio distinto también para la prostitución. Más allá de sus límites, las rumanas sobre todo, y otras inmigrantes de Europa del Este, son mayoría. Aquí, sin embargo, en los clubes las brasileñas rondan el 80%, seguidas de las rumanas (5%), que van en aumento junto a las paraguayas y las dominicanas. Aunque las españolas han vuelto a prostituirse después de una década de bonanza en la que se apartaron de este mundo, todavía no llegan a representar el 10%. Pero entre todas estas víctimas del proxenetismo, las rumanas, por lo general menudas, son las que empiezan más jóvenes, próximas a la virginidad. Lago [Carmen Lago, a presidenta da asociación A Faraxa de Vigo pola abolición da prostitución] recuerda que las tramas no lo tienen tan fácil para introducir en el país a latinoamericanas menores de edad porque no pueden esquivar el filtro policial del aeropuerto.
 De feito que a Europa que relegou os romaneses a cidadáns de segunda, sen posibilidade para a libre circulación polo groso dos estados membros, é tolerante ata a náusea coa escravización de mulleres e nenas romanesas nos clubs de alterne e nos bordeis do primeiro mundo. 

Dou cun informe da Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Delicto sobre a trata de persoas do que tiro estes dous gráficos sobre os fluxos de tráfico de mulleres en todo o mundo.


Comprobamos que Romanía é o principal territorio europeo esquilmado para a mercadoría de mulleres, seguido a distancia por Bulgaria, Moldavia e a Federación Rusa. O informe de Nacións Unidas tamén indica que Romanía era en 2006 o primeiro país do mundo por condeas relativas á trata de mulleres (con 187). Son máis das rexistradas en toda América, 152.

Non son moi poucas condeas tendo en conta a dimensión do problema en termos cuantitativos e, sobre todo, cualitativos?

Cita a autora da reportaxe de El País un informe da Policía romanesa, que sinala que neste país distintos clans familiares captan nenas e mozas de entre 16 e 20 anos, "sobre todo en Moldavia, en zonas rurales económicamente muy deprimidas", a través de "olleadores" que gañan a confianza das rapazas ou das súas familias e procuran convencelas de que en España ou noutros países de Europa poderán atopar un traballo co que axudar os seus. 

Empobrecidas, primeiro, e lanzadas logo como carne de canón, como mercadoría de consumo cara a chamada Europa civilizada, onde mafias romanesas e proxenetas da Europa VIP explotan o único que elas teñen: o seu corpo e a súa dignidade.

O relato non difire tanto do que facía Vandana Shiva das mulleres das zonas agrícolas de India, empuxadas aos guetos de miseria de Calcuta e de Bombai e forzadas á prostitución logo das sucesivas hambrunas ás que foron sometidas polas compañías de agroindustria monopólicas.

E a información conclúe con cifras:
Por servirles de gancho, estas personas (vecinos también muy jóvenes e incluso señoras que se hacen amigas de las madres de estas crías) reciben 100 o 200 euros. Aquí, luego, las chicas son vendidas y revendidas por cantidades que van de los 400 a los 2.000 euros.
Non era que iso xa non pasaba aquí? Que tipo de sociedade somos se unha muller se pode comprar por catrocentos euros e non hai milleiros de persoas a tomar as rúas en repulsa?



¿Facía falta saber isto?

"La niña rumana solamente estaba a disposición de clientes vip de La Perla"

A vitimización da vítima. E un titular que che pon as tripas de volta, o de El Correo Gallego do 21 de outubro pasado, en relación coa operación Perla, un drama individual e colectivo que nos fixo lembrar que a escravitude non é cousa dos campos de algodón do Sur profundo no século XVIII nin da película 'Django Unchained' de Quentin Tarantino. A escravitude é aquí e agora.

O rotativo compostelán pregúntalles a clientes habituais do bordel se tiñan alternado coa adolescente de 15 anos rescatada o 16 de outubro. Din que non a viron nunca, pero sosteñen que era "el principal reclamo" do local.

Como xornalista que son pregúntome se facía falta baixar a este grao de coñecemento. Se non é abonda a humillación á que foi sometida unha nena soa, fóra da casa e asustada, como para recrear o morbo. Por outra banda, son consciente de que, ás veces, as cousas, por moi sórdidas que sexan, hai que contalas. Neste caso, prodúcese unha afirmación baseada en suposicións e en "disques" e "seicas" e iso pode ser moi perigoso.

Iso si, o da descrición física da rapaza, loura, guapa "y toda una mujer aunque no parezca mayor de edad", coido que si que sobraba nesta noticia.

Por outra parte, prodúcenme un malestar e unha angustia moi grandes o feito de que, ata o de agora, non dea atopado unha información que conte que pasa de aquí en diante coa vítima: Está ben coidada? Onde? Está protexida de posibles extorsións? Impórtalle a alguén o que lle suceda a unha nena de 15 anos escravizada ao lado da nosa casa?  

Só haberá paz para os nosos

Procurei facerlle un seguimento á noticia da "liberación" da moza romanesa. Quen son os detidos? Que cargos hai contra eles? Que pasa agora cunha nena que vén de soportar e sufrir agresións tan serveras como a desposesión dos seus dereitos e liberdades como persoa, como a explotación sexual? 

O día 20 de outubro, La Voz de Galicia titula: "La red que obligó a prostituirse a la niña rumana ya está en prisión".

O resorte salta xa no subtítulo: 
Los dos españoles dueños de los burdeles quedaron en libertad con cargos.
Supoño, entón, que os outros oito detidos nesta chamada operación Perla non son españois; é dicir: son estraxeiros. E si que están no cárcere.

O que non queda nada claro é por que os dous españois quedaron libres con cargos e os estraxeiros foron a prisión. Non é moi tranquilizador o parágrafo da noticia que se refire á liberdade dos donos dos clubs de alterne:
Los dos españoles arrestados, los propietarios de los locales de alterne en los que fue obligada a ejercer la menor, han quedado en libertad, pero acusados de cargos muy graves y a la espera de juicio.
Están acusados "de cargos muy graves", pero en liberdade á espera e xuízo. Segue sen estar claro. 

Avanzando na lectura vou coñecendo que os oito detidos encarcerados pertencen a dous clans "gitano-rumanos" (sic) de Valladolid e de Galicia, que capta mulleres en Romanía para exercer a prostitución. Moitas delas chegan co pensamento de que van traballar de empregadas do fogar, enganadas coma a adolescente rescatada (que negra é a coincidencia) no lugar da Escravitude, en Padrón.

Teño que entender, logo, que os "gitano-rumanos" ingresaron en prisión polo feito de seren inmigrantes e, por riba, de etnia xitana? Non son os súbditos de Romanía tan cidadáns da Unión Europea coma os españois? Non deberían ter o mesmo tratamento xudicial ca un cidadán español?



Inmigrante, menor de idade e prostituída

A noticia pendurouna Sonia o 17 de outubro no grupo de Facebook da materia de Integración Lingüística para Inmigrantes e a súa protagonista é unha nena rumana de 15 anos: muller, menor de idade e prostituída.

Informa El Correo Gallego de Santiago de que a Policía vén de liberar unha adolescente romanesa que era obrigada a prostituírse en varios clubs de alterne da contorna de Compostela. 

O relato de acontecementos é estarrecedor:
La menor fue prostituida en Valladolid tras abandonar Rumanía, su país de origen. Le habían prometido un trabajo como cuidadora de niños. En la ciudad castellanoleonesa contactó con varias personas oriundas de su mismo pueblo natal en Rumanía que vivían en Santiago de Compostela, quienes le ayudarían a escapar de la situación en la que se encontraba.
A moza, pouco máis ca unha nena, logrou fuxir nun descoido dos porteiros do bordel vallisoletano e chegou a Santiago, onde os seus compatriotas entregárona novamente á explotación sexual, aos abusos, ás vexacións e ás agresións.

E así, a rapaza foi localizada pola Policía Nacional cando intentaba escapar dunha agresión que lle propinara o responsable do clan que a tiña secuestrada e prostituída.

A identificación desta vítima da trata de persoas, especialmente vulnerable por tratarse dunha menor de idade, permitíu o desartellamento dunha mafia de proxenetas que funcionaba entre Valladolid e Santiago de Compostela.

A lectura detenme nun parágrafo, no que se fai referencia aos distintos efectos dos que se incautou a Policía Nacional cando fixo o rexistro nos bordeis e nos domicilios das dez persoas que foron detidas no marco desta operación policial:
Los investigadores también han practicado registros y un control para la detección de víctimas en dos domicilios y los dos clubes de alterne, en los que se han incautado de diversa documentación falsificada, una defensa extensible, documentos relativos a la compra-venta de la menor, la documentación original de la víctima, documentos de viaje incriminatorios, sustancias estupefacientes y un vehículo en el que la menor era trasladada.

Documentos relativos á compra-venda dunha nena de 15 anos!!!??? Aquí, en Santiago, crisol e camiño da construción europea moitos séculos antes de que alguén se preguntase se facía falta construír Europa? 

Non se chama isto escravitude?