"La niña rumana solamente estaba a disposición de clientes vip de La Perla"
A vitimización da vítima. E un titular que che pon as tripas de volta, o de El Correo Gallego do 21 de outubro pasado, en relación coa operación Perla, un drama individual e colectivo que nos fixo lembrar que a escravitude non é cousa dos campos de algodón do Sur profundo no século XVIII nin da película 'Django Unchained' de Quentin Tarantino. A escravitude é aquí e agora.
O rotativo compostelán pregúntalles a clientes habituais do bordel se tiñan alternado coa adolescente de 15 anos rescatada o 16 de outubro. Din que non a viron nunca, pero sosteñen que era "el principal reclamo" do local.
Como xornalista que son pregúntome se facía falta baixar a este grao de coñecemento. Se non é abonda a humillación á que foi sometida unha nena soa, fóra da casa e asustada, como para recrear o morbo. Por outra banda, son consciente de que, ás veces, as cousas, por moi sórdidas que sexan, hai que contalas. Neste caso, prodúcese unha afirmación baseada en suposicións e en "disques" e "seicas" e iso pode ser moi perigoso.
Iso si, o da descrición física da rapaza, loura, guapa "y toda una mujer aunque no parezca mayor de edad", coido que si que sobraba nesta noticia.
Por outra parte, prodúcenme un malestar e unha angustia moi grandes o feito de que, ata o de agora, non dea atopado unha información que conte que pasa de aquí en diante coa vítima: Está ben coidada? Onde? Está protexida de posibles extorsións? Impórtalle a alguén o que lle suceda a unha nena de 15 anos escravizada ao lado da nosa casa?
Mostrando entradas con la etiqueta vítimas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vítimas. Mostrar todas las entradas
jueves, 7 de noviembre de 2013
Algo cheira a podre en Europa (un inciso)
Sen compaixón algunha cara as mafias romanesas acusadas de prostituír a nena rescatada da Escravitude, propóñome saber se os romaneses son cidadáns de primera desta Unión Europea de 27 na que, supostamente, estamos todos a unha.
Romanía, ao igual que Bulgaria, ingresou na Unión Europea en 2007, pero daquela estableceuse unha moratoria para que non se incorporase ao espazo Schegen, o espazo de libre circulación europea, no que non están Irlanda e Reino Unido por decisión propia e onde non deixaron entrar aínda a Chipre, Bulgaria e (bingo!!!) Romanía. Aínda que non son integrantes da Unión Europea, Islandia, Noruega, Liechtenstein e Suíza si que forman parte do espazo Schegen.
A idea inicial era que Romanía e Bulgaria se incorporasen á libre circulación europea en 2011, pero países como Finlandia ou Holanda promoveron unha oposición á que se adheriron unha ducia de estados membros.
A web informativa sobre os visados do espazo Schegen recolle unha noticia ao respecto e sinala:
Accedo a unha reportaxe moi documentada e moi completa sobre a política de fronteiras en Europa. O 24 de outubro deste mesmo ano, Susana Campo Fidalgo asinaba en Lainformacion.com, hai só unhas semanas, un texto baixo o título:
E qué sucede en España?
Dou cunha noticia, en El País, de 2011, na que José Blanco, como voceiro do último Goberno de Zapatero, informa de que o 23 de xullo de 2011 España decidía que volvese entrar en vigor a moratoria que levantara en 2008 para permitir a libre entrada de cidadáns romaneses sen visado.
Uns meses despois, en novembro de 2011, baixo o cuestionable epígrafe 'Europa convulsa', unha reportaxe de El País relata de qué modo pouco honorable actúan os axentes de fronteira entre Romanía, que debería ser o dóberman do derradeiro linde da Unión Europea, e Moldavia, xa parte dese territorio ignoto que é mellor que siga a selo. O titular: "Vivir de espaldas a Schegen". O subtítulo: "El contrabando y la corrupción impiden a Rumanía entrar en el espacio sin fronteras".
De todos os xeitos, segundo se desprende doutra información recente de El País sobre a vontade de Francia de pecharlle as fronteiras á inmigración, semella que no caso de Romanía e Bulgaria están a se mesturar dous temas diferentes en axenda:
Non deberían as leis, o sistema xurídico e a Administración protexer a esta adolescente e igualala en dereitos aos cidadáns españois incluso a risco de que tamén saian, por así dicilo, beneficiados na xogada os seus agresores?

Esta decisión tiene su origen en la preocupación de que Bulgaria (cuyos avances en materia de control de fronteras se consideran insuficientes) se convierta en una especie de eslabón débil que consecuentemente de paso a la entrada descontrolada de inmigrantes irregulares al territorio Schengen.
Accedo a unha reportaxe moi documentada e moi completa sobre a política de fronteiras en Europa. O 24 de outubro deste mesmo ano, Susana Campo Fidalgo asinaba en Lainformacion.com, hai só unhas semanas, un texto baixo o título:
Europa se blinda ante la inmigración ilegalE atopo a referencia a Romanía:
Las medidas de Reino Unido también tienen en su punto de mira a búlgaros y rumanos.
Las restricciones fueron impuestas en 2005, de cara al ingreso Bulgaria y Rumanía en la UE el 1 de enero de 2007. Sus ciudadanos pueden visitar libremente Gran Bretaña, pero necesitan un permiso especial para poder trabajar. Restricciones similares o de otro tipo han sido aplicadas también por Alemania, Austria, Bélgica, Francia, Luxemburgo y Holanda.
E qué sucede en España?
Dou cunha noticia, en El País, de 2011, na que José Blanco, como voceiro do último Goberno de Zapatero, informa de que o 23 de xullo de 2011 España decidía que volvese entrar en vigor a moratoria que levantara en 2008 para permitir a libre entrada de cidadáns romaneses sen visado.
El aumento del paro --con un 21,29% de la población activa es el más alto de la UE-- ha llevado al Gobierno a rectificar una decisión adoptada en 2008. Entonces, el Ejecutivo levantó la moratoria a los trabajadores rumanos (y a los búlgaros, cuya situación no ha cambiado).
Rumanía entró en la UE el 1 de enero de 2007, pero su tratado de adhesión incluyó una moratoria de siete años, hasta el 1 de enero de 2014, para que sus nacionales pudieran disfrutar del derecho a la libre circulación de trabajadores.Sobre o titular e o argumento que ofrece o daquela ministro de Fomento, quen defende que a esixencia de visado de agora en diante é unha medida para evitar que os cidadáns romaneses "sexan explotados en España", coido que sobran os comentarios.
Uns meses despois, en novembro de 2011, baixo o cuestionable epígrafe 'Europa convulsa', unha reportaxe de El País relata de qué modo pouco honorable actúan os axentes de fronteira entre Romanía, que debería ser o dóberman do derradeiro linde da Unión Europea, e Moldavia, xa parte dese territorio ignoto que é mellor que siga a selo. O titular: "Vivir de espaldas a Schegen". O subtítulo: "El contrabando y la corrupción impiden a Rumanía entrar en el espacio sin fronteras".
De todos os xeitos, segundo se desprende doutra información recente de El País sobre a vontade de Francia de pecharlle as fronteiras á inmigración, semella que no caso de Romanía e Bulgaria están a se mesturar dous temas diferentes en axenda:
Francia, no obstante, mezcla dos debates —el de la libre circulación de trabajadores, a la que rumanos y búlgaros tendrán pleno derecho el 1 de enero de 2014, y el de la entrada en Schengen, que depende de la decisión de los Estados miembros— con tintes populistas, subrayan fuentes europeas.Agora que comprobei que hai cidadáns da Unión Europea de segunda --e aínda que neste caso que nos ocupa sexan os acusados de prostituír a unha nena de 15 anos e non sexa fácil que xeren a máis mínima empatía--, cómpre non esquecer que tamén a vítima é de nacionalidade romanesa.
Non deberían as leis, o sistema xurídico e a Administración protexer a esta adolescente e igualala en dereitos aos cidadáns españois incluso a risco de que tamén saian, por así dicilo, beneficiados na xogada os seus agresores?
Só haberá paz para os nosos
Procurei facerlle un seguimento á noticia da "liberación" da moza romanesa. Quen son os detidos? Que cargos hai contra eles? Que pasa agora cunha nena que vén de soportar e sufrir agresións tan serveras como a desposesión dos seus dereitos e liberdades como persoa, como a explotación sexual?
O día 20 de outubro, La Voz de Galicia titula: "La red que obligó a prostituirse a la niña rumana ya está en prisión".
O resorte salta xa no subtítulo:
O que non queda nada claro é por que os dous españois quedaron libres con cargos e os estraxeiros foron a prisión. Non é moi tranquilizador o parágrafo da noticia que se refire á liberdade dos donos dos clubs de alterne:
Avanzando na lectura vou coñecendo que os oito detidos encarcerados pertencen a dous clans "gitano-rumanos" (sic) de Valladolid e de Galicia, que capta mulleres en Romanía para exercer a prostitución. Moitas delas chegan co pensamento de que van traballar de empregadas do fogar, enganadas coma a adolescente rescatada (que negra é a coincidencia) no lugar da Escravitude, en Padrón.
Teño que entender, logo, que os "gitano-rumanos" ingresaron en prisión polo feito de seren inmigrantes e, por riba, de etnia xitana? Non son os súbditos de Romanía tan cidadáns da Unión Europea coma os españois? Non deberían ter o mesmo tratamento xudicial ca un cidadán español?
O día 20 de outubro, La Voz de Galicia titula: "La red que obligó a prostituirse a la niña rumana ya está en prisión".
O resorte salta xa no subtítulo:
Los dos españoles dueños de los burdeles quedaron en libertad con cargos.Supoño, entón, que os outros oito detidos nesta chamada operación Perla non son españois; é dicir: son estraxeiros. E si que están no cárcere.
O que non queda nada claro é por que os dous españois quedaron libres con cargos e os estraxeiros foron a prisión. Non é moi tranquilizador o parágrafo da noticia que se refire á liberdade dos donos dos clubs de alterne:
Los dos españoles arrestados, los propietarios de los locales de alterne en los que fue obligada a ejercer la menor, han quedado en libertad, pero acusados de cargos muy graves y a la espera de juicio.Están acusados "de cargos muy graves", pero en liberdade á espera e xuízo. Segue sen estar claro.
Avanzando na lectura vou coñecendo que os oito detidos encarcerados pertencen a dous clans "gitano-rumanos" (sic) de Valladolid e de Galicia, que capta mulleres en Romanía para exercer a prostitución. Moitas delas chegan co pensamento de que van traballar de empregadas do fogar, enganadas coma a adolescente rescatada (que negra é a coincidencia) no lugar da Escravitude, en Padrón.
Teño que entender, logo, que os "gitano-rumanos" ingresaron en prisión polo feito de seren inmigrantes e, por riba, de etnia xitana? Non son os súbditos de Romanía tan cidadáns da Unión Europea coma os españois? Non deberían ter o mesmo tratamento xudicial ca un cidadán español?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)