sábado, 9 de noviembre de 2013

Que pasa con Moldavia? (II)

Pois sucede que Moldavia é un país pobre. O máis pobre de Europa. E, por iso, as mulleres moldavas son vítimas propiciatorias da trata de persoas.

La miseria, caldo de cultivo del éxodo, titulaba El País en 2003 unha noticia sobre este estado perdido entre Ucraína e Rumania, onde a esperanza de vida non chegaba aos 65 anos, a renta per cápita era de 300 euros e o 80% da poboación vivía por debaixo do umbral da pobreza. 




Moldavia é un país que só foi independente tralo glasnost; historicamente pertenceu a Romanía ou a Rusia. A súa poboación é maioritariamente romanesa, pero hai unha minoría rusa na rexión do Transdniéster, nunha das súas fronteiras con Ucraína, e que motivou unha guerra sececionista na que os independentistas foron apoiados por Rusia en 1992. Os analistas din que a Guerra Fría resístese nesta peza pequenísima da engranaxe europea.

Pero hai un factor aínda máis importante:
Una miseria lacerante y escasamente mitigada, menos que en las otras repúblicas exsoviéticas, por la herencia comunista, escasa en lujos, pero con residuos de antiguos beneficios sociales (pensiones, educación, sanidad, vivienda...) que amortiguan el impacto del tránsito salvaje hacia el capitalismo y la economía de mercado.
En 2003 falábase de que medio millón dos 4,3 millóns de moldavos estaba emigrado e, sen datos oficiais, calculábase que as remesas podían supoñer a metade do PIB. Hoxe hai analistas que sosteñen que os cartos enviados polos emigrados moldavos pode duplicar o Produto Interior Bruto.

Milleiros de mulleres procuran deixar atrás esta situación, pero non atopan senón explotación e abusos.

E por iso Moldavia é unha canteira de prostitutas, como sinalaba unha crónica do Der Spiegel publicada por El País en xullo de 2003. Esta narración conta cómo unha bibliotecaria dunha área rural empezou a decatarse de que as pequenas deixaban de ir á escola.
A partir del año 2000, cada vez nos llegaban noticias de más niños que dejaban de ir a la escuela. Empezamos a visitar familias sumidas en la indigencia y de repente nos dimos cuenta de que en casi todas ellas faltaba un hijo; además, casi siempre era una chica y casi siempre nos contaban lo mismo: "Se ha ido con los gitanos". Así es como nos dimos cuenta de que estaban vendiendo a nuestras hijas poco a poco.
Besarabia é unha comarca agraria coñecida polo viño con taxas de desemprego superiores ao 70% da poboación activa. Trátase de xentes e de familias "vulnerables" e de fácil captación para as mafias. As rapazas moldavas semellan un produto perfecto para estas mafias que serven carnaza aos traficantes de persoas aos países do Norte de África: louras, afeitas a soportar maltrato na casa por parte de pais ou irmáns. Asemade, en países como Turquía, quérenas virxes. Por iso cada vez procuran captalas máis novas. 

A reportaxe 'Las cloacas del comercio sexual', publicado en El País en 2006, informaba de que o 16% das vítimas da trata rescatadas en Turquía son menores de idade que foron vendidas para a explotación sexual. Engade este texto que, se ben o Goberno turco felicítase de que unha liña para denuncias á disposición das mulleres prostituídas teña axudado a rescatar 144 mulleres entre 2005 e 2009, son moitas as vítimas moldavas e croatas que non están tan de acordo:
La repatriación es una farsa; se trata de una vulgar deportación de mujeres que ya han estado demasiado tiempo en el negocio.
Os Balcanes son outro dos seus destinos. En 2003 calculábase que o 80% das prostitutas en activo no surleste de Europa eran moldavas. 

Máis ca unha reportaxe, atopo case que un informe sobre o tráfico de persoas no Leste de Europa na edición dixital de Le Monde Diplomatique para o Cono Sur. Trátase dunha publicaión de 2001 que leva por título 'Placer al precio de la eclavitud ajena', de François Loncle. Tamén fala de Moldavia. 
Para las rumanas y para las moldavas, muchas veces el periplo empieza en Timisoara, donde fueron atraídas por intermediarios locales. Continúa en el Arizona Market de Breko, el mayor centro de contrabando de Bosnia-Herzegovina, o bien en Novi-Sad, en Serbia. En estos lugares se ha desarrollado un verdadero "mercado de esclavas". Traficantes rumanos ofrecen en subasta a ucranianas, moldavas, búlgaras, rumanas, rusas, que son exhibidas desnudas y compradas por unos 1.000 marcos (unos 500 dólares) por tratantes serbios que las violan y las maltratan antes de ponerlas en ruta hacia Albania.
No rastrexo atopo unha entrevista radiofónica realizada por Radio Centenario de Urugai ao demógrafo Guillermo Macció, na que desvela un dato completamente descoñecido para min: Israel é o meirande consumidor de prostitución do mundo e como as xudeas non se prostitúen, por seren "una raza superior", buscan mulleres de razas inferiores, nomeadamente moldavas e ucraínas.

Macció fala de que a rexións como Moldavia, Valaquia e algunhas bisbarras de Bulgaria, que eran a periferia da URSS e do bloque soviético, non acabaron de chegar as políticas socialistas de desenvolvemento industrial e seguiron na pobreza. Refírese tamén á costa ao sur do golfo de Venecia. "Toda esa zona fue tradicionalmente de negocio de esclavos", di.

Co desmantelamento da Unión Soviética, continúa, apareceron "los traficantes de una mano de obra" que quedara desocupada:
Campesinado que era campesinado no rentable, que quedó a merced de un resurgimiento del capitalismo.
Engade este demógrafo que todos os conflitos bélicos que desde a Primera Guerra Mundial asolaron esta parte vulnerable do mapa de Europa teñen provocado que haxa un "déficit de hombres". Os traficantes aproveitan esta realidade demográfica como un "formidable execedente de mujeres" ao que poden extraer moito rendemento.

Trátase de migracións forzadas, vencelladas á escravitude. Guillermo Macció teno moi claro:
Son las respuestas del sistema capitalista, que es un sistema hegemónico hoy, en todas las latitudes, a la búsqueda de un lucro de la manera más barata posible que es la motivación esencial de un lado.
Que fai tan rentable e tan omnipresente o tráfico de mulleres e de nenas?




No hay comentarios:

Publicar un comentario