sábado, 9 de noviembre de 2013

Un negocio (moi) lucrativo (I)

Na actualidade hai máis de 30 millóns de escravos no mundo e unha boa parte deles son nenas e mulleres que son escravas sexuais, segundo os datos que manexa o antropólogo especialista en inmigración Miguel Pajares, quen calcula que en España pode haber arredor de 10.000 mulleres escravizadas e prostituídas, a maioría delas procedentes de Romanía, Moldavia e Bulgaria.

As cifras achegadas por Miguel Pajares difieren das que vén de divulgar a fundación Walk Free, que fala de entre 5.700 e 6.300 persoas --non se especifica se homes ou mulleres-- en situación de escravitude en España. Aquí, unha interesante ligazón da revista Yorokobu ao respecto. E aquí, o índice de Walk Free en castelán.

Ademais da trata con destino á explotación sexual, fundamentalmente de mulleres, nenas e nenos, escravitude moderna considéranse o traballo en condicións de servidume, o traballo forzoso, as peores formas do traballo infantil, o matrimonio precoz ou forzado e o escravismo tradicional en termos de propiedade, aínda persistente no século XXI. (Segundo Anti-Slavery).

O tráfico de persoas é o segundo negocio ilegal máis lucrativo do mundo, despois do tráfico de drogas e por riba do tráfico de armas. Segundo Walk Free, movería arredor de 32.000 millóns de dólares ao ano. Trátase dunha cifra que supera o Produto Interior Bruto conxunto de Islandia, Nixeria, Ruanda e Mongolia. Para facer as comparacións, cómpre sinalar que, en 2011, os beneficios económicos dunha empresa como Google foron de 9.700 millóns de dólares. Practicamente a metade dos ingresos por tráfico de persoas xéranse en países ricos e industrializados.

Como España, por exemplo.

Una reportaxe moi polémica do The New York Times do ano pasado sinalaba cara España como o grande novo bordel do mundo pola crecente demanda do turismo de club de alterne. Quizais de aí ese mirar para outro lado, esa dobre moral que criminaliza as vítimas nos casos de trata de mulleres? Por iso tanta insistencia no modelo Eurovegas como fórmula máxica para saír da crise?

Unha información de axencias en La Vanguardia recolle que o investigador principal do informe de Walk Free, Kevin Bales, rexeitou hai unhas semanas, con motivo da presentación desde estudo, que a probeza sexa a principal causa da escravitude moderna. El fala de corrupción. 

Non sei se a apreciación de Bales será cousa de que traballa para unha organización creada por un multimillonario e financiada principalmente por outros dous multimillonarios, os donos de Microsoft e de Virgin. Que non nego que a corrupción sexa un factor determinante, pero polo que a min respecta, permítome dubidar de que a pobreza non teña unha influencia determinante, sobre todo, logo de pescudar e de comprobar con datos e informacións que as principais canteiras de vítimas para a escravitude sexual en Europa son, precisamente os países máis empobrecidos do continente.

O demógrafo Guillermo Macció manexa informes que sinalan que un traficante de mulleres lle pode quitar a dez mulleres un rendemento dun millón de dólares ao ano. François Loncle, en Le Monde, cita á Interpol para afirmar que, na altura de 2001, unha prostituta xéraballe uns 100.000 dólares ano ano a un proxeneta. 

Son uns benficios altísimos e cun risco moito menor que o tráfico de drogas ou de armas. A xornalista mexicana Lydia Cacho, autora da monografía 'Las cloacas del comercio sexual', teno moi claro, existe tolerancia cara o tráfico de mulleres, un "negocio criminal" que, di, naceu no século XX:
Estamos presenciando el desarrollo de una cultura de normalización del robo, compraventa y corrupción de niñas y adolescentes en todo el planeta, que tiene como finalidad convertirlas en objetos sexuales de renta y venta.
Serva como exemplo una cita do xefe do posto de Policía dunha das cidades moldavas visitadas por Der Spiegel para analizar a escravización de mulleres no país:
"Todavía no se ha dado el caso de ninguna mujer a la que la hayan obligado a hacerlo. Se les pagaba, así que la cosa no podía ser tan mala".
Nesta mesma reportaxe, a segunda idea: é moito menos perigoso --para o traficante, claro-- vender mulleres que vender drogas. Así o di un alcalde dunha das depauperadas poboacións moldavas:
¿Qué otra cosa pueden hacer nuestros hombres aquí? Trafican con drogas, armas, mujeres. Lo más fácil son las mujeres, y también lo menos peligroso.
Corrobórao a investigadora Susana Chiarotti no seu informe 'La trata de mujeres: sus conexiones y desconexiones con la migración y los derechos humanos', elaborado para Nacións Unidas:
La penalización del tráfico de personas en las legislaciones nacionales suele ser más leve que la del tráfico de armas o drogas. Este hecho, unido a la capacidad de los traficantes de recrear continuamente su metodología para evadir las penalidades, hace que su persecución sea difícil o de escasas consecuencias. 



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario