jueves, 7 de noviembre de 2013

Quere volver á casa

Tiveron que pasar 18 días desde o desencadeante da operación Perla para que eu dea cunha información que conte onde, con quen e como??? está a adolescente "liberada" da trata de persoas o pasado mes de outubro da Escravitude.

Trátase dunha reportaxe de El Correo Gallego, que conta que a rapaza está ingresada nun centro de menores dunha cidade española que non se precisa, para protexer a súa seguridade. Quere volver á casa, xunta súa nai. Xa intentou fugarse do centro, onde terá que permanecer á espera do que ditamine un xuíz, dúas veces.

Qué tipo de centro de menores acolle a esta adolescente vítima de maltrato? Trátase dunha institución para menores tutelados ou para rapaces e rapazas que están a cumprir algún tipo de condea e que non poden ingresar no cárcere porque non teñen 18 anos?

A información engade que as policías española e romanesa recoméndanlle a esta moza que permaneza no centro, en territorio español, porque é seguro que as mafias que a trouxeron enganada e que a explotaron sexualmente en Valladolid e en Padrón xa decidiron vinganrse das súas denuncias.

E outra pregunta: Está alguén a protexer á nai e á familia da nena desas mafias?

Os paquetes informativos complementarios que acompañan o texto principal achegan algo que se asemella ao que puidese ser o relato en primeira persoa que a adolescente lle contou á Policía cando foi localizada:
La muchacha se dejó engatusar por las promesas de un trabajo fácil en España y, como su madre estaba recién divorciada y sin un empleo fijo, la propuesta era tentadora: serían los tres meses de vacaciones como au-pair cuidando niños en España. Recibiría a cambio sobre 600 euros y no tendría que abonar el alojamiento. Es decir, un dinero que podría ahorrar casi en su integridad. Otros datos jugaban a su favor y le ayudaron a tomar la decisión: su primer trabajo sería cuidar los niños de una familia rumana que vivía en Valladolid y su hermana ya había emigrado y vivía bien fuera de Rumanía.
Agora quere volver á súa casa, á rexión noroeste de Romanía, na fronteira con Moldavia.

É a terceira vez que me sae Moldavia no que vai de pescuda. Que pasa con Moldavia? Non é esa fronteira entre Romanía e Moldavia a que a Unión Europea quere preservar a toda costa?

No hay comentarios:

Publicar un comentario